A Lanzada, sustentable

O Concello de O Grove estuda desenvolver un plan de aforro de auga nas súas praias –entre elas A Lanzada-, despois de ter detectado que, en ocasións, faise un consumo “abusivo e excesivo” da mesma. Así, o Goberno local estuda diferentes posibilidades, entre elas instalar duchas de pago (que só funcionarían mediante a introdución dunha moeda) ou incluso substituír as duchas por lavapés.