A Xunta de Galicia destinará os 9,5 millóns de euros asinados polo anterior executivo para a construción do edificio central de Portos de Galicia, execución que foi paralizada polo goberno de Núñez Feijoo, para acometer obras de infraestructuras e investimentos menores nos portos galegos de acordo coas necesidades de cada unha destas instalacións.
O Plan de Investimentos Menores 2009-2011, que así se chama, contempla o investimento de 2,5 millóns de euros ao longo deste ano e os 6,8 millóns restantes ata 2011. Deste xeito, Portos de Galicia adicará os recursos dispoñibles para satisfacer as necesidades dos seus clientes e usuarios e, deste xeito,a poder facilitar o desenvolvemento das súas actividades ou favorecer o óptimo uso das instalacións en solo portuario.