Inícianse as charlas sobre a IXP Castaña de Galicia

A Consellería do Medio Rural, a través do Instituto Galego de Calidade Alimentaria (INGACAL) e do Consello Regulador desta IXP, programou unha serie de charlas nas que se informará aos produtores de castaña sobre os requirimentos da indicación xeográfica protexida e o procedemento de inscrición no rexistro de produtores do Consello Regulador. O Regulamento establece que o INGACAL será o órgano de control e certificación para os produtos amparados por esta indicación xeográfica e, co fin de poder comercializar este froito con certificado na próxima campaña, débese proceder a realizar as inscricións dos distintos operadores nos rexistros que figuran no regulamento.

Nos vindeiros días terán lugar as charlas en Viana do Bolo e Chantada (2 de outubro), e O Barco, Pobra de Trives e Samos (5 de outubro).