Galicia aspira a atraer 400.000 turistas máis ao ano

O conselleiro de Cultura e Turismo Roberto Varela, asegura que as prioridades da Xunta de Galicia para o sector serán “o incremento do seu peso na nosa economía, a mellora das oportunidades laborais e do nivel profesional e o traballo en prol dunha demanda sólida, diversificada e de calidade”. Os obxectivos pasan por incrementar a demanda turística ata nun 5 por cento, o que significaría 400.000 visitantes máis ao ano en Galicia.

Roberto Varela afirmou –durante a celebración do Debate sobre o Turismo de Galicia, en A Toxa- que para o óptimo desenvolvemento do sector “a colaboración entre a Administración Pública e o sector privado é fundamental de cara a xuntar esforzos e aproveitar sinerxías”. Neste sentido, engadiu que a Consellería de Cultura e Turismo “ten moi en conta no deseño das súas liñas estratéxicas a experiencia de todos aqueles que día a día traballan na realidade turística de Galicia”.

Do debate sairá un documento “consensuado”, “unha auténtica folla de ruta para a política turística de Galicia”, engadiu o conselleiro.