Ánimo a todos os internautas. Faltan dez días para que, cos votos de todos, a Festa da Dorna de Ribeira entre no ránking das sete mellares festas de España. Agora ocupa a décimo primeira posición na clasificación dos cincuenta festexos que loitan polo podio. Para votar non hai máis ca entrar en www.7mejores.es. Arde Lucus está na cuarta posición e tamén merece un voto de confianza. O resultado do concurso darase a coñecer o vindeiro día 27 de setembro.