A Coruña, tamén destino cultural

O primeiro tenente de alcalde e máximo responsable da área de Turismo da Coruña, Herique Tello, desplazouse a Feira Internacional de Turismo Cultural de Málaga co obxectivo de establecer contactos cos principias operadores do sector e promocionar a cidade como destino cultural, con ofertas como a rede de museos, a Orquestra Sinfónica, festivais como o Mozart o circuito de teatro e ata tradicións como as fogueiras de San Xoán ou as festas de Antroido.

Tello aboga por crear unha imaxe de marca da Coruña para que a cidade, coa súa flamante Torre de Hércules declarada recentemente Patrimonio da Humanidade, compita ao máximo nivel no mercado internacional. Por certo, A Coruña é a única cidade galega con stand propio nesta feira cultural que remata o día 20 deste mes de setembro.