A Consellería de Cultura e Turismo colaborará na celebración das XVIII Xornadas Galaicas de Ciencias e desenvolvemento

O director xeral de Promoción e Difusión da Cultura, Francisco López, comprometeuse hoxe co presidente da Real Academia Galega de Ciencias, Ernesto Viéitez Cortizo, a financiar e apoiar a celebración das Xornadas Luso- Galaicas de Ciencias e Desenvolvemento. Esta é a décimo oitava edición e se levará a cabo os días 20, 21 e 22 de outubro en Santiago de Compostela.
As Xornadas Luso-Galaicas xurdiron da colaboración entre a Real Academia Galega de Ciencias e as Universidades do Norte de Portugal co fin de potenciar liñas de investigación conxuntas. Dende entón, estas xuntanzas académicas repetíronse en diferentes cidades como Porto, Vila Real, Ourense e Chaves con indubidable éxito.
Nestes encontros abórdanse temas de xestión, coordinación e cooperación institucional, ademais dos propios intereses da comunidade científica.