Coñecer Pontevedra

A Deputación de Pontevedra inicia este xoves a segunda edición do programa “Coñece a túa provincia” no que o ano pasado participaron 8.251 personas e 225 asociacións. A edición deste ano presenta como novidades a creación de catro rutas que teñen como eixo Cambados, Baiona, Lalín e Pontevedra. A denominada Ruta das Adegas inclúe a visita ó conxunto histórico-artístico de Cambados, ó Museo do Viño, ós Muiños de Barrantes e á Ruta da Armenteira.

A denominada Ruta Mouriscade prevé unha visita ó Museo Etnográfico Casa do Patrón de Doade (Lalín), ó Laboratorio e á finca de Mouriscade que a Deputación tén en Lalín, unha visita guiada pola vila de Lalín e por algunha das empresas textís radicadas no concello. O terceiro itinerario, a denominada Ruta Carabela, recolle unha visita guiada ó conxunto histórico-artístico de Baiona, á Carabela Pinta, á Fortaleza de Monterreal e á Virxe da Roca. Finalmente, a Ruta Patronato inclúe unha visita ás dependencias da Deputación de Pontevedra no Pazo Provincial, ó Palacete das Mendoza, sede de Turismo Rías Baixas, ó Pazo de Lourizán, ó Castelo de Soutomaior e ó Museo de Pontevedra.