Campo de traballo para voluntarios que queiran vendimar en Portugal

Unha iniciativa dos gobernos de Galicia e Portugal e da Unión Europea permitirá a mozos e mozas galegas participar como voluntarios na vendima das zonas portuguesas do Douro e do Miño. A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado e o Instituto Portugués da Xuventude coorganizan un campo de traballo que está subvencionado polo Espazo Xuvenil de Cooperacións Transfronteriza Galicia Norte.

O campo, que comeza o domingo e rematará o próximo 4 de outubro, celebrarase na vila lusa de Amarante. O prazo de inscrición finaliza este sábado. A actividade está dirixida a persoas de entre 18 e 30 anos. En total, ofértanse 20 prazas, 10 reservadas para mozos e mozas galegas e outras tantas para os portugueses. Os interesados en participar poderán deixar os seus datos, incluíndo un teléfono de contacto, na dirección de correo infoxove@xunta.es. Tanto a inscrición coma o transporte, o aloxamento e a manutención son de balde.

Os voluntarios non só se limitarán a recoller a uva senón que tamén recibirán formación sobre a produción vinícola e a conservación do viño. Ademais, realizarán catas comentadas.