O Concello de Allariz prevé iniciar este mesmo mes os traballos correspondentes á primeira fase do proxecto de creación dun Centro de Interpretación Medieval de ámbito galego. Esta primeira fase consistiría na limpeza e desescombro dos tres edificios adquiridos polo Concello para este fin, así como a limpeza da parcela na que se ubican.
O novo espazo museístico terá dúas facetas diferentes, segundo publica La Voz: por un lado, a científica ou técnica adicada aos investigadores da cultura e os restos medievais en toda Galicia e, por outro, a destinada ao público en xeral, cun maior carácter divulgativo.