A XXII Edición do campeonato de surf pantin classic congregará a máis dun cento dos mellores surfistas do mundo

A Secretaría Xeral para o Turismo colabora coa XXII Edición do Campeonato de Surf Pantin Classic que se celebrará na praia de Pantín, en Valdomiño entre o 8 e o 13 de setembro onde se xuntarán os mellares surfistas do mundo nunca proba que se enmarca na categoría WQS e que permite o ascenso á máxima categoría World Championship Tour, e tamén está considerado como un campeonato de 5 estrelas e dotado con 120.000 USD en Premios.

A presentación da proba tuvo lugar hoxe en Santiago, e conta con máis dunha vintena de patrocinios.
Ademáis do campeonato de surf masculino, a cita do Pantín Cassic acompáñase cun bo número de actividades paralelas que inclúen concertos, exposicións de fotografía, clases gratuítas de surf en colaboración coa Federación Galega de Surf, limpezas de praias concertadas coa Sur Rider Fundaction, exhibicións doutras modalidades deportivas como skateboard ou snowboard,etc.