Vilagarcía recibirá a visita de cinco cruceiros máis ata a fin da temporada

O turismo de cruceiros estase amosando como unha vía importante de entrada de visitantes a Galicia e non só nos portos de maior calado, como Vigo ou A Coruña, senón tamén en localidades de menor entidade como Vilagarcía de Arousa. De feito, esta fin de semana a vila recibiu a visita do Princess Daphne, na segunda escala deste buque no que vai de ano. Uns 330 turistas tiveron así a oportunidade de coñecer a localidade máis polo miúdo e incluso se desprazaron ata Santiago de Compostela.

Nesta temporada, o porto vilagarcián recibiu a visita de oito cruceiros e prevense cinco escalas máis ata que finalice.