Vilagarcía despide con meigas e queimada as súas festas de verán

A programación festiva do verán vilagarcián chega este sábado ao seu fin coa xa tradicional Noite das Meigas, na que colaboran o Concello e os locais de hostalería do municipio. Prevese que se repartan 600 litros de queimada de balde que axudarán a limpar o corpo de todos os excesos do verán.

A partir das doce da noite comezará o reparto de queimada e rosquiñas, ademais de pequenos aperitivos, diferentes en cada un dos dez postos repartidos polo centro. Agárdase a participación dunhas cinco mil persoas.