Vilagarcía dá protagonismo ao mexillón na I Feira das Tapas

Vilagarcía de Arousa está intimamente ligada ao mexillón, e non só porque albergue a sede do seu Consello Regulador. As augas da ría de Arousa están plagadas de bateas e, ademais, é unha das bases da actividade das múltiples conserveiras da comarca. Como homenaxe ao bivalvo, o Concello, os hostaleiros e o propio Consello Regulador organizan a I Feira das Tapas, na que se instalarán un total de catorce stands. A apertura terá lugar este venres, no parque Miguel Hernández.

A intención dos organizadores é potenciar o turismo e o sector hostaleiro local, empregando produtos da zona. Nun principio, destinaranse á iniciativa un milleiro de kilos de mexillón, pero non se descantan novos aportes se a demanda así o require. Unha tapa e unha copa de viño custarán 2,5 euros e seis tapas e unha botella de viño, 12 euros.