Sector lácteo: a loita continúa

O Sindicato Labrego Galego anuncia novas mobilizacións no sector leiteiro que terán lugar do 1 ao 7 de setembro en Santiago e Santander. Así, na capital de Galicia propoñen unha concentración reivindicativa permanente que se desenvolverá do 1 ao 5 de setembro e que se establecerá nunha céntrica praza. Deste xeito, os gandeiros queren seguir denunciando a situación que vive o sector e demandar unha saída definitiva ao conflito.

En Santander celebrarase unha concentración o día 7 de setembro aproveitando a estancia na cidade da ministra de Medio Ambiente e Medio Rural e Marino, Elena Espinosa.