O grelo ten propiedades curativas

Biólogos galegos están traballando nun estudo para determinar as propiedades curativas de varias especies autóctonas como o grelo. Ao parecer, esta familia de verduras –entre as que se atopa tamén o brécol- ten propiedades anticanceríxenas, cualidade que pode converterse nun aliciente máis para degustalas. Pablo Velasco e Elena Cartea son os investigadores que están traballando no tema e descubriron que os grelos teñen unha substancia que consegue a morte das células afectadas.

O proxecto, no que traballan dende 2003, conta con achegas do Plan Nacional de I+D+i e esperan contar co apoio da Xunta de Galicia. Outras das propiedades do grelo, segundo este estudo, son o seu aporte de vitaminas, minerais e calcio orgánico.