O BNG de Celanova pide que o Folión sexa de interese turístico

O Bloque Nacionalista Galego de Celanova proporá ao pleno da corporación que se inste á Xunta a que declare o Folión Castrexo como Festa de Interese Turístico de Galicia xa que considera que cumpre “sobradamente” con todos e cada un dos requisitos que esixe a normativa galega.

O Folión Castrexo celébrase cada mes de agosto e representa o pacto que celtas e romanos asinaron no ano 132.