Iberia acumula perdas de 165 millóns de euros pero cre que xa tocou fondo

Iberia reportou unhas perdas de 165,4 millóns de euros na primeira metade do ano e os seus ingresos unitarios caíron en picado, segundo publica Hosteltur. Sen embargo, o presidente da aeroliña cre que xa tocaron fondo e anuncia unha intensificación das medidas contra a crise que veñen aplicando, cunha retirada importante de avións.

Nos seis primeiros meses do ano, os ingresos da compañía caíron un 18,9%, de 2.670 millóns de euros a 2.166. O factor que máis contribuiu a estas perdas foi a caída de ingresos de explotación, en xeral, e ao desplome do tráfico de negocios, que está afectando á maioría das compañías de rede como consecuencia da crise económica mundial.