A gripe A e o turismo

Un 21% dos españois estaría disposto a cambiar as súas vacacións por mor da gripe A, fronte a un 14% de franceses, un 15% de alemáns e un 7% de británicos, segundo recolle unha enquisa elaborada por Travelzoo e publicada por Hosteltur. En España, os enquisados en zonas de sol e praia (sur e illas) son os máis proclives a modificar os seus plans vacacionais.

Por outra banda, a Organización Mundial do Turismo (OMT) vén de recomendar que se vacinen contra a gripe A todos os traballadores que ocupen funcións “cruciais” para o desenvolvemento da actividade turística ou que teñan contacto frecuente cos turistas, como pilotos ou controladores aéreos.