A Festa da Solidaridade en Vilagarcía, conta xa coa participación de 22 entidades

A festa da Solidaridade que se celebrará o vindeiro sábado, 5 de setembro, está a superar as previsións da Concellería de Xuventude, organizadora do evento, posto que, xa son 22 as entidades que confirmaron a súa participación no evento, superando así as 17 que participaron na pasada edición.
Cada entidade disporá dun stand no que dar a coñecer á población os proxectos solidarios que desenvolven e o seu ámbito de acción. Deste xeito, preténdese que a sociedade valore as iniciativas e o traballo que estas organizacións sen ánimo de lucro están a desenvolver, á vez que promover a captación de novos voluntarios que colaboren en estes colectivos. Ademáis, as entidades que dispoñen de obradoiros venderán os artigos que realizan os seus usuarios.