Buscar/Hemeroteca

Cargando...

jueves, 27 de agosto de 2009

Estabilidade na D.O. Ribeira Sacra cara esta vendima

Representantes das adegas de maior produción na D.O. Ribeira Sacra veñen de celebrar un xantar de confraternidade no que analizaron o comezo da próxima campaña de recollida. Todos os presentes coincidiron en sinalar que para esta vendima se precisa unha situación de estabilidade en canto a prezos e a nivel de recollida de uva.

As adegas representadas nesta xuntanza foron: Val de Quiroga, Regina Viarum, Ponte da Boga, Rectoral de Amandi, Abadía da Cova, Santa María de Nogueira e Vía Romana. Estas adegas representan as 2/3 partes da produción da D.O. e o 80% da compra de uva. Que estas adegas coincidan en garantir prezos estables e a recollida de uva, favorece que a campaña se presente con total normalidade na relación adegas-viticultores. Na cita estivo presente tamén o Presidente do Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeira Sacra, José Manuel Rodríguez.