Científicos vigueses nun proxecto internacional para frear a expansión das pragas do mexillón

Expertos do Instituto de Investigacións Mariñas de Vigo participan nun proxecto de estudo das pragas que afectan ao mexillón e que desenvolve o Atlantic Veterinary College de Canadá. O obxectivo do informe é estudar como eliminar as especies invasoras que afectan ao bivalvo pois, aínda que non afectan á súa calidade, si ocasionan trastornos e sobrecustos ao sector.

A relación co Atlantic Veterinary College permite, aos investigadores vigueses, ter un campo de adestramento para unha eventual loita contra as pragas, que xa afectaron ás producións de mexillón canadenses. De feito, algunhas das especies invasoras que se detectaron en Canadá xa cruzaron o charco e comezan a verse en Galicia.