Bueu ben merece un polbo

A localidade pontevedresa de Bueu xa está inmersa nos actos da Festa do Polbo, un dos seus produtos máis destacados. Durante toda a fin de semana, veciños e visitantes poderán degustar este aprezado cefalópodo preparado de diferentes formas. A lectura do pregón, que terá lugar o sábado ás 13.00 horas, correrá a cargo de Benigno Campos, do programa Larpeiros.

Paralelamente, celébrase en Bueu o XIII Encontro de Embarcacións Tradicionais, organizado pola asociación “Os Galos” e que inclúe unha regata-exhibición.