Albarousa pecha as súas portas recoñecendo aos mellores viños artesanais

Vilagarcía pechou a XXVII Mostra do Viño Albariño Artesanal, Albarousa, cun gran éxito de público. Ao concurso de viños presentáronse un total de cincuenta e dúas marcas e, tras dúas precatas, só dezaseis chegaron á final. Os viños Davide e Val de Amor levaron a distinción como mellores viños das anadas 04, 05 e 06.

Os mellores viños da colleita de 2008 foron Segrel, Castro Celta e Bouza do Rei. Ademais, tamén houbo un premio para o mellor deseño de botella que se levou Davide.