O Grupo Parlamentario Popular quere voluntariado no Xacobeo 2010

O Grupo Parlamentario Popular presentou no Parlamento de Galicia unha Proposición non de Lei na que insta á Xunta de Galicia a desenvolver un programa de voluntariado cultural de cara ao Ano Santo 2010 que desenrole instrumentos de apoio e modernización da acción voluntaria, a dotación de recursos económicos e tecnolóxicos, así como humanos e de coordinación para que nos diversos puntos de interese do Camiño de Santiago se incorporen ás labores de promoción cultural.

Na iniciativa parlamentaria, a deputada popular María Seoane solicita á promoción do voluntariado cultural entre mozos e mozas galegos que serva de vía de participación da cidadanía e de vehículo de comunicación directa entre a cultura e a sociedade no Ano Santo 2010. Esta actividade do voluntariado será fundamental na conservación, promoción e difusión da nosa identidade cultural, segundo a deputada popular.