Xa está nas librarías 'A cociña de Larpeiros', de Benigno Campos, un percorrido pola cociña galega de sempre, tradicional e sinxela pero, á vez, “cun toque moi especial”, indica o autor, que entende a cociña como un “acto social”. O libro contén 150 receitas, está editado por Galaxia, e parte do programa da Televisión de Galicia “Larpeiros”, dirixido por Xosé Cermeño. O director sinalou que o libro subministra ideas, instrucións e recursos para os amantes “da boa comida” e o “goce cotián”.
Segundo matiza a editorial, ‘A cociña de Larpeiros’ é un libro “honesto”, no que a cociña propia de Galicia “se arrequenta coa doutras tradicións foráneas”. Un manual moi útil para aqueles que queiran atreverse a cociñar incluso sen ter demasiados coñecementos na materia.