Unha Rapa camiño de Patrimonio Inmaterial

A Rapa das Bestas de Sabucedo leva camiño de converterse nun dos dez tesouros do Patrimonio Cultural Inmaterial de España. A Asociación da “Rapa das Bestas” en colaboración co Concello de A Estrada vai instalar este fin de semana unha carpa na pontevedresa Praza da Ferrería para a recollida de votos que permitan acadar o obxectivo. Así o anunciu a concelleira de Turismo da Estrada, Raquel López, durante a presentación da festa, que tivo lugar na sede de Turismo Rías Baixas, onde o presidente executio deste organismo, José Manuel Figueroa amosou o seu apoio a esta iniciativa, á que xa dera o seu voto na web www.ibocc.org.
A Rapa das Bestas de Sabucedo, que goza do marchamo de Festa de Interés Turístico Internacional, na edición deste ano arranca o 4 de xullo cunha exposición no curro vello e co festival musical “Sons da Rapa”; ao seguinte terá lugar a saída ao monte para a recollida dos animais que chegarán ao curro ás 15:00 horas; ás 19: 30 terá lugar a primeira rapa, pero os aloitadores terán faena noutros dous curros os días 6 e 7 ao mediodía.