De pinchos medievais en Vimianzo

Facémonos eco dunha proposta que recolle no seu blog Gourmetdeprovincias. Trátase da segunda edición das Xornadas do Pincho Irmandiño de Vimianzo, que terá lugar do dous ao catro de xullo. Os pinchos que se elaboren ao efecto deberán empregar só ingredientes existentes na Idade Media, é dicir, antes do Descubrimento de América. Por iso non atoparemos, por exemplo, nin patacas nin tomates.

Participarán sete establecementos da localidade que ofrecerán outras tantas tapas. Os prezos son moi competitivos, pois unha tapa y unha caña de Mahou custan dous euros.