Cultura e Turismo encargará unha obra musical para a Catedral con motivo do Ano Santo

O conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela, anunciou que en 2010 se estreará a nivel mundial unha obra musical de gran formato para a Catedral de Santiago. A Consellería de Cultura e Turismo pretende revestir o evento coa “maior transcendencia posible para Galicia no Ano Santo” e encargará a obra a “un compositor de renome e de recoñecido prestixio”. Deste xeito, a Consellería de Cultura e Turismo a través da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo, confirma a continuidade do Festival de Música de Compostela e os seus Camiños (Via Stellae) que, desde este xoves e ata o día 23, ten programados máis de 100 concertos en 38 vilas de Galicia.

Roberto Varela avanzou que o seu departamento prevé unha “inversión especial” para o Via Stellae 2010, que presentará modificacións na súa programación. “Deseñaremos un Festival máis completo, cunha selección máis aberta e variada, integrando música contemporánea e de vangarda co obxectivo de involucrar a máis sensibilidades”, asegurou o conselleiro