Barrantes, entre o viño tinto e a conserva

A localidade pontevedresa de Barrantes, no concello de Ribadumia, acolle esta fin de semana a XXXVII Festa do Viño Tinto do Salnés, un viño que se convertiu en toda unha seña deste pequeno municipio. Pero ademais de viño, Ribadumia aposta pola gastronomía organizando, por segundo ano consecutivo, a Mostra-Exaltación da Conserva do Salnés, na que participarán 11 conserveiras da zona.

Un dos pratos fortes da programación será a gala que unha coñecida orquestra galega celebrará o día 5 e que contará coa presenza, entre outros, de Manu Carrasco, Melendi, David Civera ou Rosa López. Non faltarán a degustación de produtos da zona e a cata-concurso, na que se elixirán os mellores viños.