Poio estrea unha ruta dos muíños dentro do proxecto de Terras de Pontevedra

O municipio pontevedrés de Poio estreou oficialmente a denominada Ruta dos Muíños de Samieira, un traxecto de algo máis de cinco kilómetros que descobre un elemento máis do rico patrimonio do que dispón este concello. O camiño comeza en Foxo das Vacas e baixa cara o mar, trala rehabilitación de vintetrés muíños.

O proxecto foi posible grazas ao apoio económico da Mancomunidade Turística Terras de Pontevedra, da que forman parte os concellos de Poio, Pontevedra, Marín, Barro, Cotobade, Campo Lameiro, Vilaboa e Ponte Caldelas.