A xunta de goberno da lonxa de Campelo (Poio-Pontevedra) autorizou a venda directa de navalla da ría en restaurantes de Cataluña. Este será o principio dunha nova vía de comercialización do produto que tamén abarca a propia comunidade autónoma. A venda directa realizarana, segundo publica La Voz de Galicia, os propios navalleiros, empregando as furgonetas isotérmicas da lonxa e cos permisos e autorizacións correspondentes. Para o resto, contratarase unha empresa de transporte urxente.
Non obstante, o 60% da produción de navalla seguirá pasando pola lonxa.
Non obstante, o 60% da produción de navalla seguirá pasando pola lonxa.