Fernando Garrido Valenzuela, novo presidente do Padroado do Parque Nacional das Illas Atlánticas

A Xunta de Galicia vén de nomear ao novo presidente do Padroado do Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia. Fernando Garrido Valenzuela chega ao cargo despois de ter asumido diferentes responsabilidades tanto no sector privado como na actividade pública. Foi conselleiro de Agricultura, Pesca e Alimentación da Xunta co goberno tripartito, deputado no Congreso e presidente da Comisión de Ordenación do Territorio do Parlamento de Galicia, entre outros.

Dende o ano 1996 é director corporativo de IDOM Ingeniería, Arquitectura y Consultoría. Chega ao cargo despois de que diversos colectivos, entre eles Adega, denunciara o estado de abandono do Parque Nacional.