Xuntanza de Irmandiños dos viños de Galicia en Viveiro

A localidade lucense de Viveiro acolle este sábado unha xuntanza dos Irmandiños dos viños de Galicia, organizada polo Irmandiño Fausto Galdo, nativo desta cidade. O encontro, ao que asistirán unhas cincuenta persoas, comezará ás 12.30 horas na Praza Maior de Viveiro, onde os participantes serán recibidos polo alcalde, Melchor Roel. A continuación, terá lugar a Procesión cívica dos Irmandiños con capa, chapeu, báculo e insignias. Posteriormente, os participantes realizarán unha visita pola localidade para rematar coa “cata litúrxica” e o xantar de confraternidade, que terán lugar no Pazo da Trabe.

Os Irmandiños dos Viños de Galicia é unha asociación de “testaviños” con máis de 15 anos de antigüidade, presidida por Nemesio Barxa. En total, forman parte deste colectivo máis de duascentas persoas.