A Xunta convoca as eleccións ao Consello Regulador do Mexillón de Galicia

A Xunta de Galicia vén de convocar as eleccións ao Consello Regulador da D.O. Mexillón de Galicia e agárdase que as votacións poidan celebrarse nun prazo de tres meses. O actual presidente, Ramón Dios, non ten intención de presentarse á reelección e espera que haxa candidatos que queiran tomar as rendas do colectivo, “con novos proxectos e iniciativas”, declarou a Diario de Arousa.

O cambio de directiva prodúcese nun momento delicado para o sector debido á división interna que padece.