Valtea obtén novos certificados de calidade

Adegas Valtea-Vilarvin S.L. obtivo os certificados de Seguridade Alimentaria (ISO 22000), Xestión Medioambiental (ISO 14001) e Calidade (ISO 9001), o que unido ao certificado “Galicia Calidade” outorgado pola administración autonómica (só catro adegas galegas o posúen), sitúa a Adegas Valtea nunha posición privilexiada para competir no mercado exterior.

Ademais, as últimas colleitas de Valtea foron premiadas entre outros, coa Medalla de Ouro do Concurso Mundial de Bruxelas, Medalla de Ouro en Xapón e Bacchus de Prata.