Unha ruta entre pazos para automóbiles clásicos

Tralo éxito acadado o pasado ano, o sábado 2 de maio celébrase a segunda edición da Ruta dos Pazos de Amoeiro, na que poden participar vehículos clásicos e deportivos. Os actos comezarán a media mañá e, tras unha comida, os participantes realizarán unha visita á adega Pazo Casanova, que dará paso á cea e entrega de premios.

O circuito servirá para dar a coñecer os magníficos pazos cos que conta este concello ourensán.