Unha Papada Afumada levouse o Gran Cigarrón de Verín

O Pavillón de Deportes de Verín acolleu o Concurso de Gastronomía “Cigarrón de Verín”, englobado dentro da Feira do Lázaro. Participaron un total de 19 profesionais ou alumnos de escolas de hostalería de Galicia. O primeiro premio, o “Gran Cigarrón”, foi para Manuel Rey e Daniela Padilha –do restaurante Casal do Cabildo- que elaboraron unha “Papada afumada, chourizo e chícharos” (na foto). Recibiron como premio 600 euros.

O premio “Cigarrón Doce” foi para Víctor Domínguez e Khadija Fathallah, alumnos do IES Vilamarín. Prepararon un “Tiramisú de castaña” polo que recibiron 300 euros de premio. Finalmente, o premio “Denominación de Orixe Monterrei”, dotado con 400 euros, foi para Kleber Ferreira e Cinthia Margarida Santos de Sousa –do Centro de Hostalería de Ourense- que prepararon un “Ossobuco con salsa de iuca e ceboliño”.