A Sociedade de Imaxe e Promoción Turística de Galicia, Turgalicia, vén de editar as guías “Galicia Golf” e “Sendas para descubrir un país”, co obxectivo de promocionar os produtos turísticos relacionados coa práctica do golf e o sendeirismo entre o público xeral e os axentes turísticos. Na primera delas, recóllese toda a oferta galega de campos de golf, divididos polo seu número de buratos. En total, 22 instalacións deportivas ao servizo do turista distribuídas por todo o territorio galego.
No caso do sendeirismo, na guía recóllense todas as rutas homologadas pola Federación Galega de Montañismo. Inclúe detalles de catro sendeiros de gran percorrido e dos corenta e cinco sendeiros de pequeno percorrido homologados. Ambas contan cunha tiraxe de 5.000 exemplares en galego, pero ademais ofrécense en castelán e en breve agárdase editalas noutros idiomas.