Termatalia promociónase en Alemania

A novena edición de Termatalia, Feira Internacional de Turismo Termal, que se celebrará en Expourense en outubro, promocionouse no I Congreso de Peloides de Europa, celebrado na cidade xermana de Bad Saarow, unha área termal recoñecida polas propiedades dos seus lodos e fangos. Os representantes de Termatalia, Alejandro Rubín e Emma González, que estiveron acompañados por Lourdes Mourelle, da empresa Peloides Termales S.L., colaboradora da Universidade de Vigo, mantiveron reunións profesionais coa dirección da European Spas Association para desenvolver accións en conxunto que promocionen o sector.

Tamén estableceron contactos cos ponentes internacionais procedentes de Alemania, Grecia, Italia, Islandia ou a República Checa.