O Consello Regulador da D.O. Rías Baixas protagoniza unha misión inversa de sumilleres de Suecia durante as xornadas do mércores e o xoves. Así, acoden á denominación pontevedresa tres sumilleres que resultaron gañadores do VI Concurso sobre Coñecementos dos Viños de España 2008, que se celebrou na sede do Instituto Cervantes de Estocolmo. Os profesionais suecos visitarán varias adegas da D.O. e participarán nunha cata na sede do Consello, na que probarán quince viños.
O Concurso sobre Coñecementos dos Viños de España é, ademais dunha proba de nivel, un acto de relacións públicas moi sinalado pois participan nel un nutrido grupo de profesionais do país.
O Concurso sobre Coñecementos dos Viños de España é, ademais dunha proba de nivel, un acto de relacións públicas moi sinalado pois participan nel un nutrido grupo de profesionais do país.