Sinalizadas as queixerías de San Simón

A Consellaría do Medio Rural instalará un total de 65 sinais indicadores que informarán perfectamente ao visitante da situación de cada unha das oito queixerías existentes na D.O. San Simón da Costa, dentro do municipio de Vilalba. Os primeiros paneis colocaranse despois da Semana Santa. A sinalización partirá do casco urbán de Vilalba, para distribuirse en dúas rutas diferentes. A primeira dirixirase cara San Simón e a segunda, cara Oleiros.

Outra boa nova é que o queixo San Simón se vai introducir no mercado alemán a través da distribuidora xermana Kuehne, que dispón dun cento de tendas de alimentación en Alemania. Ao acordo chegouse na última edición de Gourmet, en Madrid, onde se reuniron Maikel Fernández, da queixería Prestes, e o representante da distribuidora Kuehne.