A confraría de pescadores de O Pindo (Carnota) leva adiante o proxecto Pindo Mariño, que persegue difundir a cultura mariñeira, conservar e poñer en valor o patrimonio marítimo e dinamizar o entorno social deste municipio da Costa da Morte. Tras un ano de intenso traballo preparatorio, o proxecto bota a andar como ferramenta para a transmisión do saber tradicional do mundo mariñeiro.
Pindo Mariño contempla a rehabilitación de antigos espazos e instalacións da zona que, no seu día, estiveron relacionados coa actividade pesqueira. Tamén se pretende recuperar sistemas tradicionais de conservación dos produtos do mar como a salgadura ou o curado de peixes. De cara a dinamizar socialmente a vila, Pindo Mariño inclúe a creación de rutas interpretativas por terra e por mar.