Rutas para coñecer Galicia de cerca

Se lles apetece camiñar, propoñémoslles catro posibilidades, unha en cada provincia. Na de Pontevedra, poden realizar a Ruta do Cabo Udra. Faise un percorrido por todo o cabo, o que ofrece unhas excepcionais vistas da ría de Aldán, das praias, cantís e as numerosas bolas de granito con espectaculares formas erosivas coñecidas como “pías e caholas”.

Na provincia de Lugo, propoñemos a Ruta de Montefaro-Viveiro. Seguindo a pé a estrada que leva ás praias de Area e Igrexa do Faro, chégase ao “Monte Faro”, miradoiro da ría de Viveiro no que están as ruínas dun antigo castro celta.

Xa na provincia de Ourense, unha opción é a realización da Ruta Sainza -Rairiz de Veiga. Sáese de Sainza e percórrense uns 14 kilómetros cheos de zonas de alto valor ecolóxico ata chegar a Rairiz de Veiga. Esta ruta dura unhas 5 ou 6 horas.

Finalmente, na provincia de A Coruña, poden realizar a Ruta de senderismo da Muralla, no municipio de Lousame. O sendeiro ten 14 km. De percorrido, é de dificultade media, comeza na aldea de Arribas, na parroquia de Fruime, segue por Arribas, sobe ata o Monte Muralla e volve cara o punto de saída, sendo así unha ruta circular.