Ribadeo prepara a Feira do Queixo, Pan e Viño

A Fundación Comarcal da Mariña Central ultima os preparativos da Feira do Queixo, Pan e Viño de Ribadeo, que se desenvolverá do 30 de abril ao 3 de maio no Parque de San Francisco. O lema da feira, que se celebra este ano por vez primeira é “Con queixo, pan e viño, ven ao Camiño”.

Agárdase chegar aos 90 stands expositivos de diferentes comunidades autónomas. A entrada será gratuita e a organización baralla que as empresas que se despracen á feira celebren degustacións de balde. Este evento encádrase nunha programación de feiras para a promoción dos Camiños do Norte.