Prepárase unha nova edición do Foro dos Recursos Mariños

As perspectivas sobre o futuro do sector da pesca e da acuicultura serán analizadas no XII Foro dos Recursos Mariños” que se celebrará os días 8 e 9 de outubro en O Grove. Están chamados a participar neste encontro representantes de centros de investigación, institucións públicas, estudantes e empresas relacionadas coa acuicultura e a actividade pesqueira.

O programa inclúe cinco mesas de traballo sobre marisqueo e pesca de baixura, acuicultura, empresa e recursos, calidade do produto e biotecnoloxía. Entre as ponencias programadas están “O cultivo da troita en Galicia. Novos desafíos” ou “A cociña e a acuicultura”.