Por un Alvedro máis competitivo

O aeroporto de Alvedro é un “valor estratéxico” para a comarca de A Coruña, segundo o primeiro tenente de alcalde da cidade herculina, Enrique Tello, quen entende que non se pode deixar escapar a posibilidade de ampliar e mellorar o aeródromo coruñés tal e como pretende AENA. O debate non debe pasar por entrar en polémicas absurdas senón que se debe centrar en “queremos unha infraestrutura competitiva ou non a queremos”.

Tello entende que non se pode deixar escapar a oportunidade de mellorar Alvedro para que nuns anos poida acadar os dous millóns de pasaxeiros, segundo diversos indicadores. En canto ao impacto ambiental da mellora das instalacións aeroportuarias, o tenende de alcalde entende que hai que intentar “reducilas ao máximo” pero sen poñer trabas ao futuro de Galicia que pasa por dotar ao territorio de mellores comunicacións.