Piraguas castrexas no río Limia

Facémonos eco dunha información que publica no seu blog o profesor Manuel Gago. Trátase dun descubrimento sorprendente. No fondo do río Limia, moi preto de Viana de Castelo, un pescador de lampreas chamado Francisco Pinto Agra, localizou unha piragua da Idade de Bronce. A partir de aí, o equipo de Francisco Alves e Eric Rieth conseguiu localizar outra delas, as dúas nun estado excepcional, e unha delas, cun “emocionante e rústico mascarón de golfiño na proa”, sinala Gago.

Son piraguas da época dos castros, é dicir, que teñen máis de dous mil anos. O equipo retirounas, estudounas, e acaban de publicar os datos.