Palas de Rei acolle unha nova Mostra Multisectorial e do Queixo

O concello lucense de Palas de Rei acolle os días 18 e 19 de abril unha nova edición da Mostra Multisectorial e do Queixo. A inauguración está prevista para o sábado ás 12.00 horas, á que proseguirá un acto de homenaxe á Facultade de Veterinaria de Lugo polo seu 25 aniversario. Ás 21.00 horas, celebrarase unha cea de confraternidade coa presenza de todos os concellos polos que transcorre o Camiño de Santiago e os consellos reguladores participantes na feira.

O domingo, a feira abrirase en torno ás 10.00 horas e terá lugar a lectura do pregón, a cargo do xornalista Jenaro Castro. Ás 14.00 horas celebrarase o xantar oficial. Durante estes días xa se está a celebrar un concurso de tapas elaboradas con queixo de Arzúa-Ulloa nos diferentes establecementos hostaleiros da localidade e serán os clientes os que voten o mellor petisco. Entre todos, sortearase unha fin de semana para dúas personas nun municipio do Camiño de Santiago.