Os viños do Porto maridan á perfección co Marrón Glacé

O pasado 26 de marzo celebrouse no Hotel Casino de Chaves (Portugal) unha cata-maridaxe de viños do Porto con Marrón Glacé. Interviron no acto o presidente do IVP Luciano Vilhena e o máximo responsable da firma ourensá, José Posada.

Comprobouse que o Marrón Glacé marida perfectamente cos viños do Porto, mellor cos de maior idade. Tamén se concluiu que os Vintage e LBV maridan mellor co Bombón Glacé, por estar bañado en chocolate.